viernes, 13 de noviembre de 2015

Comentario de la lectura de "Los cien mil hijos de San Luis"

Natureza do documento:Este texto é historiográficos xa que trata da obra dun historiador o autor posterior aos feitos, que son analizados cunha finalidade investigadora e científica.

Tipo de fonte: É unha fonte secundaria, (que saca doutras fontes primaria) xa que a persoa que escribiu isto, segue vivo na actualidade e polo tanto non viviu os acontecementos.

Circunstancias espazo-temporais: Ocorre entre 1814 e 1823 (Século XIX) , durante o reinado de Fernando VII en España.

Tema principal: Reinado de Fernando VII en España despois da derrota de Napoleón. Este era un rei absolutista, polo que cerrou universidades e acabou coa prensa libre, facendo que os seus seguidores "aplaudiran".

Causas:A derrota de Napoleón e a victoria de Fernando VII.

Consecuencas: A perdida da Constitución, a exiliación de Goya, a perdida do norte de Bolívar e San Marino...

FUENTES: http://www.claseshistoria.com/general/comentariotextos.htm
                    Libro de lectura

martes, 6 de octubre de 2015

O Século das Luces

No Século XVIII estendeuse un novo cambio de mentalidade por toda Europa, a ilustración, que cuestionaba o Antigo Réxime. Este novo pensamento baseábase no uso da razón, que fai que a persoa poda entender o seu contorno e relacionarse cos demais.
O Pensamento Ilustrado:
As principais ideas deste movemento son:
Os dereitos naturais:
·         Liberdade: permite ao ser humano pensar por si mesmo (autonomía persoal).
·         Igualdade: Os pensadores crían que todos naciamos en igualdade de condicións e de dereitos.
A Organización social:
·         Contrato social: Os seres humanos renuncian á súa vontade individual para someterse as regras establecidas pola sociedade.          
·         Organización en clases: Crían que se debia dividir o estamento segundo a riqueza das clases e non según o seu nacemento.
·         Fe no progreso: Na educación os pensadores crían que os seres humano podían aceder a un progreso indefinido.
Principios políticos:
·         División de poderes: os poderes de estado como o lexislativo, executivo e xudicial deben estar repartidos por órganos diferentes.
·         Soberanía nacional: O poder reside no Pobo e no en Deus.